Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación da delimitación do polígono B-8 en solo urbanizable do Plan Xeral de Ordenación Urbana, lugar de Cons-Mourente.

A Comisión de Goberno, por delegación da Alcaldía do 15-7-1996, acordou na sesión do 24-9-2001,

prestar aprobación, con carácter inicial, á proposta instada por Saturnino Mirón Gutiérrez, no seu propio nome e dereito e de Nino Mirón y Xiabre, S.L. e Inmobiliaria Nino Mirón, S.L., de modificación da delimitación do polígono nº 8 en solo urbanizable do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, situado en Cons-Mourente, de conformidade cun proxecto técnico redactado polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas, Gustavo Pérez Álvarez e José Manuel Pichel Pichel con visado da Delegación en Pontevedra do COGAG do 29-7-1998 e 4-6-2001, significándose inicialmente por este acto que, de conformidade co establecido no artigo 50.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o aproveitamento urbanístico a contemplar no plan parcial que desenvolva as determinacións do PXOU para o polígono, seralle o correspondente á superficie de 28.774 m, determinada pola ficha específica do Polígono do planeamento xeral do municipio.

Neste acto acordouse tamén someter a información pública o expediente e proposta citada, na forma legalmente establecida con notificación persoal ós propietarios de terreos incluídos no polígono e lindantes con el, para os que o prazo comezará a contarse desde o día seguinte ó da recepción da notificación, facéndose saber que o anuncio servirá de notificación ós propietarios que foran descoñecidos, se ignorase o lugar de notificación ou tentada ésta non puidera practicarse.

Durante o prazo de vinte días computado a partir da publicación deste anuncio, exporase ó público o expediente incoado, no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (Rúa Churuchaos, nº 2), e formularse as alegacións procedentes, servindo tamén este anuncio de notificación a Carmen Alén Ogando, Celestino Abreu Santos, Román Fortes Cachafeiro, Granja Vista Real, S.A., Manuela Julián Fandiño, Dolores Palmás Pintos, Peregrina Solla Tomé, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así coma a tódolos propietarios ou interesados no procedemento directamente afectados que non puideron ser notificados individualmente ben por descoñecidos ou porque se ignore o lugar de notificación, enderezo, medio, ou tentada a notificación non se puido practicar.

Nese período poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2002.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario general