Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTES

EDICTO.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Outes.

2. Obxecto do contrato: xestión do servicio de recollida de residuos sólidos urbanos.

3. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: 38.584,98 euros anuais, IVE incluído.

5. Garantías: provisional: 771,70 euros. Definitiva: 4% do prezo da adxudicación.

6. Presentación das ofertas: no rexistro do concello, no prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

7. Apertura das ofertas: na casa do concello, ás 12 horas do segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de coincidir en sábado trasladarase ó luns.

8. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Outes, 28 de xaneiro de 2002.

O alcalde

Rubricado