Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/195-2, 5772 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e enlace R.B.T. en Cervo.

Situación: Cervo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 21 m conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. Espiñeirido-Rúa e final en C.T. de Cervo. C.T. de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de 250 m de lonxitude conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 11 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo