Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/136-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32000 Velle.

Denominación: recuamento L.M.T. aérea saída de C.T.-1.

Situación: subestación polígono industrial San Cibrao das Viñas.

Descricións técnicas: recuamento da L.M.T. aérea de dobre circuíto subestación San Cibrao-Celanova e Allariz. Os 20 primeiros metros desde o C.T.-1 da subestación vai subterránea para pasar logo á conducción aérea nun van de 84 m ata o seu apoio nº 2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 11 de xaneiro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense