Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e estudio de impacto ambiental da instalación electromecánica que se cita. (Expediente IN661A 01/10).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285) do sector eléctrico e

polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188), Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental (BOE nº 241) e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo (DOG nº 136) polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución o estudio de impacto ambiental e a da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Domicilio social: r/ Betanzos, 1-1º I, 15004 A Coruña.

Denominación: parque eólico de Codesas.

Concellos afectados: Boimorto, Melide, Sobrado e Toques (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 49.3 MW.

Descricións técnicas:

-58 aeroxeradores de 850 kW de potencia nominal unitaria, montados sobre fuste tubular metálico de 55 m de altura e rotores de 3 pas de 52 m de diámetro.

-58 transformadores, situados no interior dos fustes de 900 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, realizada en conductor R.H.Z.-1 12/20 kV de 1x300 mm Al, 1x240 mm Al e 1x150 mm Al para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora á intemperie equipada con transformador de 65 MVA e relación de transformación 20/66 kV, celas de media tensión 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 100 kVA e relación 20/0,4 kV, aparellos de medida, protección, telemando e telecontrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de trinta días a partir da última publicación.

O estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Codesas poderase examinar nos concellos de Boimorto, Melide, Sobrado e Toques e nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Industria e Comercio da Coruña.

A Coruña, 15 de febreiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña