Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/500-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Generación, S.A.

Domicilio social: avda. San Luis 77, 28033 Madrid.

Denominación: central hidroeléctrica Portodemouros-caudal ecolóxico.

Situación: concello de Vila de Cruces.

Descricións técnicas: salto neto máximo de 81,40 m, grupo turbo alternador de 9.792 kW para un caudal máximo de 15 m/sg. Transformador de potencia de 13.000 kVA, relación de transformación 6/15 kV. Equipos auxiliares e sistemas de regulación, control e protección.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra