Un dos obxectivos básicos do programa de reforma administrativa da Xunta de Galicia é o de conseguir unha Administración autonómica máis eficaz e eficiente que estea ó servicio do cidadán.
Neste sentido inscríbese a progresiva posta en funcionamento dos novos edificios administrativos de servicios múltiples que concentren as oficinas administrativas da Xunta de Galicia, actualmente dispersas, nas grandes cidades galegas.
Concluída a construcción e o acondicionamento do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, e por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintedous de febreiro de dous mil dous, adoptou o seguinte
ACORDO:
1. A posta en funcionamento do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (rúa Concepción Arenal nº 8, 36201 Vigo) a partir do día un de marzo de dous mil dous.
2. A delegación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública de Pontevedra encargarase da xestión dos servicios comúns do edificio: rexistro, información administrativa e atención ó cidadán, compulsas, conserxería xeral, limpeza, teléfonos e mantemento.
Para tal fin, ó amparo do artigo 29.5º da Lei 4/1998, do 26 de maio (DOG nº 104, do 1 de xuño) da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril (DOG nº 76, do 20 de abril), apróbase a nova relación de postos de traballo da delegación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública Pontevedra, Vigo (anexo I.A), na que se integran os postos de traballo das distintas consellerías segundo o cadro de equivalencias que se relaciona no anexo I.B. Así mesmo, procédese á amortización dos postos que figuran no anexo I.C.
3. Trasládanse ó novo edificio:
a) As seguintes oficinas administrativas da Xunta de Galicia en Vigo:
Consellería Oficina administrativa Situación actual
Instituto Galego da Vivenda e Solo
Rúa Ecuador nº 40-12
Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública Servicio Territorial Vigo (Sección Deporte) Rúa México nº 41-1º esqda.
Economía e Facenda Delegación Territorial de Vigo Praza de América nº 1
Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
Oficina de Fianzas Vigo Rúa Uruguay nº 4-2º dta.
Educación e Ordenación Universitaria Inspección Educativa Vigo Rúa Venezuela nº 26-28, entreplanta
Industria e Comercio Oficina de Vigo Gran Vía nº 76-baixo
Unidade de Xestión
Unidade de Consumo (Instituto Galego de Consumo) Avenida das Camelias nº 6-1ºD
Sanidade Servicio de Protección da Saúde (Vigo) Rúa Cánovas del Castillo s/n
Servicio de Promoción da Saúde (Vigo)
Pesca e Asuntos Marítimos Delegación Territorial de Pontevedra (Vigo) Edificio Cambón. Rúa Palma nº 4
Base do Servicio de Protección de Recursos (Vigo)
Xustiza, Interior e Relacións Laborais Delegación Provincial de Vigo Rúa Teófilo Llorente nº 6-baixo
Servicio Relacións Laborais
Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude Delegación Provincial de Pontevedra-Vigo Rúa María Berdiales nº 20
Asuntos Sociais Delegación Provincial (Vigo) Rúa Cánovas del Castillo s/n
Sección de Cualificación de Minusvalideces Rúa Torrecedeira nº 99-baixo
b) Os empregados públicos que van prestar servicios nos postos que pasan ós servicios comúns da oficina da Xunta de Galicia en Vigo (anexo I.B) así como os que prestan servicios nas restantes oficinas administrativas que se relacionan no punto 3.a.
4. As relacións de postos de traballo (RPT) das consellerías que resulten afectadas pola modificación a que se refire o punto 2 deste acordo, quedan modificadas nos termos deste.
5. Este acordo entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 22 de febreiro de 2002, relativo á aprobación do Plan de racionalización de efectivos do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2002.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E
DESENVOLVEMENTO RURAL