Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.685

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2002 de nomeamento do Valedor do Pobo da Comunidade Autónoma de Galicia.

En execución do acordo adoptado polo Pleno do Parlamento de Galicia, en sesión que tivo lugar o día 19 de febreiro de 2002, e no exercicio das atribucións a min conferidas polo artigo 3.2º da Lei autonómica 6/1984, do 5 de xuño, con esta data e coa miña sinatura acredito o nomeamento de José Ramón Vázquez Sandes como Valedor do Pobo coas prerrogativas, as atribucións, os deberes e as facultades derivadas da súa condición de alto comisionado do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2002.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA