Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 28 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador OU-187/01P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoacción de expediente sancionador por presunta infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poida examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que considere convenientes na súa defensa, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretende valerse.

De non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 28 de xaneiro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 187/01P.

Denunciado: José Manuel Madeira Fernández.

DNI: 3693576.

Derradeiro enderezo coñecido: Massama, Sintra (Portugal).

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: multa de 300,51 euros, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obte-la durante un ano.

Instructora: Miriam Areal López.