Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2002 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración sucesiva e por prezo unitario de material de oficina e informático non inventariable para a Consellería de Industria e Comercio e as súas delegacións provinciais. (Expediente 7/2001 SX).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 7/2001 SX.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: realización dunha subministración sucesiva e por prezo unitario, de material de oficina, informático non inventariable para os servicios centrais e delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 64.710,93 euros, IVE incluído, distribuídos nos seguintes lotes: lote I: material de oficina 8.199,81 euros; lote II: material de papelería 28.083,79 euros; lote III: consumibles informáticos 11.570,56 euros; lote IV: papel en paquetes de vinte cadernos 16.856,76 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado para o lote ou lotes ofertados (lote I: 164 euros; lote II: 561,68 euros; lote III: 231,41 euros; lote IV: 337,14 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económico-financeira, de conformidade co artigo 16.1º a) e c) do TRLCAP, mediante calquera dos seguintes medios: informe das institucións financeiras e declaración relativa á cifra de negocios global das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 18.a) e b) do citado texto refundido, mediante unha relación das principais subministracións efectuadas durante os últimos tres anos, indicando o seu importe, datas e destinos públicos ou privados, á que se incorporan os correspondentes certificados sobre eles, e mediante a descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de investigación da empresa.

Lugar de presentación:

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil

seguinte. Se o día da apertura das proposicións caera en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio