Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de aproveitamento de recursos da sección A) Ampliación Pena das Bestas, da provincia de Lugo e promovida por Áridos Hnos. Carballido, S.L.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental someteranse ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de aproveitamento de recursos da sección A) Ampliación Pena das Bestas, situada en terreos do concello de Lugo, provincia de Lugo, e solicitado por Áridos Hnos. Carballido, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio correspondente

e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas