Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se amplía a autorización á empresa Norcontrol, S.A., para actuar como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Examinada a solicitude, presentada por Alejandro Fernández Vidal, en calidade de representante de Norcontrol, S.A., con CIF A-15044357 e con enderezo social en estrada Nacional VI, km 582, 15168 Sada (A Coruña), na que solicita autorización para actuar como organismo de control, esta Dirección Xeral de Industria toma en consideración os seguintes feitos:

Primeiro.-Norcontrol, S.A. foi acreditada por Enac, Entidade Nacional de Acreditación, con data 17-4-1997, como entidade de inspección con número de acreditación 04/EI006, segundo os criterios da norma EN 45004, para a realización de inspeccións nos campos e segundo os documentos normativos especificados no anexo técnico de data 17-4-1997 da acreditación de Enac correspondente.

Segundo.-Con data 10 de xuño de 1997, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia autorizou a Norcontrol, S.A. para actuar como organismo de control (DOG do 1 de xullo).

Terceiro.-Con data 5 de agosto de 1998, mediante resolución do director xeral de Industria da Con

sellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, revísanse e amplíanse os campos da autorización de Norcontrol, S.A. para actuar como organismo de control (DOG do 1 de setembro).

Cuarto.-Con data 17 de abril de 2001, mediante resolución do director xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, modifícase o período de vixencia de acreditación de Norcontrol, S.A. a indefinida, ata notificación en contra.

Quinto.-Con data 23 de novembro de 2001 Alejandro Fernández Vidal, en nome e representación de Norcontrol, S.A., presentou escrito no que solicita, ó amparo do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial, a ampliación da autorización de Norcontrol, S.A. como organismo de control para o ámbito regulamentario de accidentes maiores conforme o anexo técnico rev. 5 de data 16-11-2001 da acreditación de Enac. Para tal efecto, achegaba a documentación requirida no artigo 43.3º do citado real decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril (BOE nº 101, do 28 de abril), nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto) e 2563/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro) e no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº 63, do 2 de abril e nº 89, do 12 de marzo), modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño) en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo) e o Real decreto 2200/1995, do 2 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial, e demais

lexislación concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

Terceiro.-A documentación presentada por Norcontrol, S.A. acredita que a empresa cumpre coas esixencias establecidas no artigo 43.3º do R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

Esta Dirección Xeral de Industria, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la empresa Norcontrol, S.A. para actuar como organismo de control autorizado para as actividades de inspección, como ampliación

ás xa autorizadas, comprendidas nos campos regulamentarios seguintes e segundo os documentos normativos recollidos no anexo técnico de data 16-11-2001 da acreditación nº 04/EI006: accidentes maiores.

Segundo.-Esta autorización pode ser suspendida ou revogada ademais de nos casos previstos na lexislación vixente, ou cando o sexa a devandita acreditación de Enac.

Terceiro.-Norcontrol, S.A. queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos campos regulamentarios e segundo os documentos normativos recollidos no anexo técnico da acreditación 04/EI006 debendo, en calquera caso, notificar á Administración competente da Comunidade Autónoma distinta da que o autorizou, ó comezo da súa actividade.

Cuarto.-Norcontrol, S.A. debe comunicar á dirección xeral competente en materia de industria calquera variación dos seus técnicos inspectores no prazo dun mes.

Quinto.-Esta autorización queda supeditada ó seguinte condicionado:

a) Norcontrol, S.A. deberá comunicar á dirección xeral competente en materia de industria, ó día seguinte de producirse calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar esta autorización, xuntando, se é o caso, informe ou certificado da entidade de acreditación (Enac).

b) Cumpri-lo establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e no R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada, ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas