Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/423).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: subestación Eume 132/15 kV.

Situación: A Capela.

Descricións técnicas: ampliación e reforma da subestación eléctrica 11/132 kV e 11/15 kV da central hidráulica do Eume, consistente en:

No parque de 132 kV: instalación dunha nova posición de liña de 132 kV, denominada Mourela, equipada e reformada cun transformador de potencia de 15 MVA a 132/15 kV; interruptor tripolar en SF6, 6 trafos de intensidade, 7 trafos de tensión, 12 autoválvulas de 132 kV, 2 seccionadores de 2.000 A con c.p.t. e 4 seccionadores con mando eléctrico.

No parque de 15 kV: cela para protección do transformador principal; 8 celas de saída de liñas; cela de protección transformador de servicios auxiliares; transformador de servicios auxiliares de 160 kV e tensións de 15/0,380-0,220 kV.

Sistemas de telemando, telemedida, sinalización e control.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña