Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da realización dunha campaña de publicidade para a difusión da XII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas e da Costa da Morte durante a Semana Santa. (Expediente 831/2002).

Obxecto: realización dunha campaña de publicidade para a difusión da XII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas e da Costa da Morte durante a Semana Santa.

Orzamento: 96.161,94 euros (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 14 de febreiro de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña