Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.054

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización na rúa Montecelo (expediente 4313/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 24 de xaneiro de 2002, acordou:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización dun tramo da rúa Montecelo, presentado pola entidade mercantil Promociones Vital Vigo, S.L. e redactado pola arquitecta Mónica López

Corcoba, visado polo COAG con datas do 4 de decembro, 29 de outubro e 15 de outubro de 2001 (expediente 4313/401).

Segundo.-Someter este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como mediante notificación individualizada á entidade promotora, e ós propietarios afectados polo proxecto de urbanización».

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o día seguinte da última publicación. O expediente está á disposición do público no departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 31 de xaneiro de 2002.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de

Urbanismo