Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.054

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TABOADELA

ANUNCIO.

No BOP número 297, do 29 de decembro de 2001, publícanse integramente as bases xerais e específicas para a provisión da praza recollida na oferta de emprego público para o ano 2001.

a) Funcionarios.

Grupo E, alguacil-porteiro e servicios varios, pertencente á escala de administración xeral, subescala subalterno, polo procedemento de concurso oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Taboadela, 7 de xaneiro de 2002.

Manuel Gallego Vila

Alcalde