Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.054

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TABOADELA

EDICTO.

Formulado o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Taboadela e sometido a coñecemento do Pleno, en sesión ordinaria do día 20 de decembro de 2001, de acordo co establecido no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, que comezará a contar desde a publicación deste edicto no DOG, así como a publicación do correspondente anuncio nun dos xornais de maior circulación da provincia, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que coiden oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que se consideren procedentes.

Taboadela, 7 de xaneiro de 2002.

Manuel Gallego Vila

Alcalde