Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: realización das obras de reparación do pavimento da vía pública M-15-III-B no núcleo de Marzo de Abaixo por danos do temporal 2000-2001.

Tipo de licitación: 15.433.842 pesetas (92.759,26 A, IVE incluído.

Prazo de execución: 1 mes.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Recollida de documentación: Copy Nova, rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15.3º 3 do prego de cláusulas económico-administrativas.

Garantías: provisional: 308.676 pesetas (1.855,18 A).

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa consistorial (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2002.

O alcalde

Rubricado