Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 11 de febreiro de 2002, acordou a aprobación inicial do proxecto de delimitación do polígono ou unidade de actuación delimitado polos eixes das rúas nº 6, 18 e 20 polo límite norte e polo límite sur paseo marítimo, correspondente ó ámbito da modificación puntual de Barraña, aprobada polo Concello Pleno en sesión extraordinaria realizada o día 20 de xuño de 2001, e cunha superficie total bruta de 18.620,24 metros cadrados.

O que se fai público, de acordo co disposto nos artigos 102 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, co fin de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas respecto da iniciativa durante o prazo de 20 días contados a partir da publicación do presente anuncio no DOG, así como examina-lo expediente completo na Secretaría Xeral da Corporación, en horario de oficina.

Boiro, 12 de febreiro de 2002.

Jesús Alonso Fernández

Alcalde-presidente