Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ALLEAMENTO de inmoble.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para o alleamento dunha parcela de titularidade municipal, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril. De conformidade co establecido no punto segundo dese mesmo artigo, anúnciase simultaneamente co prego a licitación, aínda que esta se aprazará no suposto de producirse reclamacións contra o prego ata a súa resolución pola corporación.

Por medio deste anuncio faise pública a licitación para o alleamento do seguinte inmoble municipal:

1. Obxecto: compravenda da parcela número 33 do parque empresarial de Becerreá.

2. Tramitación: ordinaria.

3. Procedemento: aberto.

4. Forma: poxa.

5. Prezo tipo: 17.508,20 A (2.913.113 pesetas), que poderá ser.

6. Prazo de formalización: un mes.

7. Fianza provisional: 350,17 A (58.263 pesetas).

8. Fianza definitiva: 4% do importe do remate.

9. Presentación de ofertas: durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, cos requisitos da cláusula 7 do prego de condicións, presentadas no rexistro do concello.

O prego de cláusulas administrativas do inmoble está á disposición de tódolos interesados nas oficinas xerais do Concello de Becerreá; praza do Concello, s/n, 27640 Becerreá-Lugo; teléfono: 982 36 00 04, fax: 982 36 05 18. Horario de atención ó público das 9 ás 14 horas de luns a venres.

10. Modelo de proposición:

D./Dª...., con domicilio en..., municipio de... provincia..., C.P.... e DNI nº..., expedido en... con data do..., en nome propio (ou, en representación de..., que acredito con...).

Informado da convocatoria de venda en poxa por procedemento aberto, anunciada no BOP de Lugo

nº..., con data do..., tomo parte nela, comprometéndome a adquiri-lo ben no prezo de... euros (en letra e en número), conforme o prego de cláusulas administrativas que acepto integramente, obrigándome a destina-lo terreo á implantación dunha(s) empresa(s) dedicada(s) a... (describirase detalladamente o tipo de industria ou ben xuntarase un anexo descritivo dela) coa finalidade e condicións fixadas na cláusula primeira do dito prego e que expresamente me obrigo a cumprir, facendo constar que manteño a oferta durante... meses e que non estou incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 20 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

En... o... de... 2002.

11. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 9 do prego, ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por ese motivo se devenguen.

Becerreá, 11 de xaneiro de 2002.

O alcalde

Rubricado