Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 1.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2002 pola que se fan públicos algúns dos acordos da comisión encargada da selección dos participantes nos cursos XXXIII e XXXIV para a obtención do diploma de directivo.

Á vista do acordado na reunión do día 18 de febreiro de 2002 pola comisión encargada da selección dos participantes nos cursos XXXIII e XXXIV para a obtención do diploma de directivo, convocados por Resolución do 16 de novembro de 2001 (DOG número 227, do 23 de novembro),

RESOLVO:

1º Anuncia-la publicación da relación provisional de excluídos da participación nos cursos XXXIII e XXXIV para a obtención do diploma de directivo.

2º Anuncia-la publicación da relación de admitidos para participar no proceso selectivo dos XXXIII e XXXIV cursos para a obtención do diploma de directivo, coas puntuacións correspondentes conforme o baremo aplicable.

3º As devanditas relacións estarán expostas no taboleiro de anuncios da EGAP. Tamén serán remitidas ó Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

4º Fixar un prazo de dez días para que os interesados poidan aduci-las alegacións que consideren oportunas.

5º Anunciar que a lista definitiva de participantes se publicará só no taboleiro de anuncios da EGAP.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA