Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-7/01-Animais, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do correspondente expediente sancionador por presunta infracción á

Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e o Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento da lei anterior, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora do expediente a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación provincial, que poderá ser recusada conforme o réxime establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito as alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que considere convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 44.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolven este expediente no prazo de seis meses tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, se producira a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos o importe da sanción indicado no anexo.

O expedientado ten dereito a coñecer en calquera momento do procedemento o estado de tramitación no que se atopa o expediente, e a acceder a el e obte-las copias dos documentos ou informacións incluídas nel, tralo pagamento das taxas correspondentes, polo que se pon de manifesto o expediente durante o mesmo prazo que se citou con anterioridade.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o director xeral de Montes e MAN desta consellería, de acordo co artigo 24.2º b) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e Decreto 153/1998, do 2 de abril.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou

en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 10 de xaneiro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción pesetas

OU-7/01-AnimaisFernando Puga Rodríguez

DNI: 34989579

Avda. Portugal, nº 156-4º

dta., Ourense

Abandono dun can no interior dun domicilio durante máis dun mesArtigo 21.c) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento da lei anterior300,51 euros

(50.001 pesetas)