Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.890

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 426/2001, do 15 de novembro, polo que se regulan os organismos de control en materia de seguridade industrial e control regulamentario e se crea a Comisión de Coordinación de Seguridade Industrial de Galicia.

Advertidos erros no decreto referido anteriormente, publicado no DOG nº 13, do 18 de xaneiro, procede efectua-la seguinte corrección:

Na páxina 647, no parágrafo 1. do artigo 8º onde di: «... segui-los trámites indicados nos artigos 6º e 7º.», debe dicir: «... segui-los trámites indicados nos artigos 5º, 6º e 7º».

Na páxina 649, no parágrafo 2. do artigo 20º, onde di: «... compromisos económicos puideran derivarse de tal decisión.», debe dicir: «... compromisos económicos que puideran derivarse de tal decisión».

Na páxina 651, na letra h) do ANEXO II, onde di: «... dunha contía de 200 millóns,...», debe dicir: «... dunha contía de 1.202.024,21 euros (200 millóns de pesetas),...».