Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.884

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica, con motivo da confección das listas de candidatos para contratacións laborais temporais (DOG do 4 de decembro de 2001), convoca a tódolos candidatos presentados ás categorías de administrativo e asistente social á proba escrita de informática (Word, Excel, Access e Power Point), o vindeiro xoves 21 de febreiro de 2002, no salón de actos do Hospital do Meixoeiro (O Meixoeiro, s/n, Vigo), nas seguintes horas:

Ás 9 horas: de Alfaya Virzi a Domínguez Couto.

Ás 10.30 horas: de Domínguez González a Lobato Rey.

Ás 12 horas: de Lombán Ares a Ríos Míguez.

Ás 13.30 horas: de Ribadulla Fernández a Villaverde Martínez.

Cada candidato deberá presentarse na hora sinalada co seu DNI.

Por mor da aplicación desta proba, os prazos especificados no pacto de contratacións prorróganse, fixándose como data para a publicación da lista provisional o 27 de febreiro, prazo de reclamacións do 28 de febreiro ó 9 de marzo, publicación da lista definitiva o 3 de abril, comezo do funcionamento da lista o 4 de abril e publicación de corrección de erros o 15 de abril.

Julio Villar

Director xerente do Instituto Galego

de Medicina Técnica, S.A: