Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2002 pola que se anuncia concurso para concesión de superficie de terreo en Ribadumia para equipamento social de residencia da terceira idade.

Obxecto: a concesión administrativa do uso privativo de superficie de terreo en Ribadumia para

construcción e equipamento de residencia da terceira idade.

Canon e prazo de concesión: será ofertado polos licitadores sobre un mínimo de 3.606,07 euros/ano, incrementado no IPC de cada ano. A concesión terá unha duración de 50 anos.

Plicas: durante os trece días naturais a partir do anuncio no BOP.

Información: Servicio de Contratación da deputación. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado