Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO sobre a aprobación definitiva do proxecto de modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Aprobado na sesión plenaria do día 22 de novembro de 2001, con carácter definitivo, o proxecto de

modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares, logo dos informes preceptivos e vinculantes emitidos en sentido favorable polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data do 16 de xullo de 2001 e 5 de novembro de 2001, de conformidade co disposto no artigo 48, parágrafo 2 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia en relación co 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, na redacción dada pola Lei 39/1994, do 30 de decembro, procédese á publicación do dito acordo.

Contra este acordo poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa) advertindo que tamén se poderá utilizar calquera outro recurso que se considere pertinente e exerce-las accións que procedan perante a xurisdicción competente.

Ares, 18 de decembro de 2001.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde-presidente