Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedimiento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita. (Expediente 1/2002).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 1/02.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: laboratorio de análise psicomotriz do rendemento

deportivo para a Facultade de Ciencias da Educación. b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número:-. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total 68.318,36 euros, IVE incluído.

5. Garantías: provisional 2% do importe de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo-Serv. de Xest. Económ. e Contratación. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-Edificio anexo ó Rectorado-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas adm. particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: r/ Arenal nº 46-planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte á data límite para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a)Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo-36201. d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 7 de febreiro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo