Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de xaneiro de 2002, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Bouza dos Abalos e Penedo, pertencentes á parroquia de Trabanca-Badiña (concello de Vilagarcía de Arousa).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Mano Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 24 de febreiro de 1999, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, dos seguintes montes:

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Parroquía: Trabanca-Badiña.

Nome do monte: Bouza dos Abalos e Penedo.

Cabida total estimada: 2,84 ha.

Localización xeográfica: as coordenadas extremas na cuadrícula U.T.M. son:

Extremo norte 4717950.

Extremo sur 4716250.

Extremo leste 521200.

Extremo oeste 520800.

No citado monte distínguense dúas parcelas.

Parcela nº 1 Bouza dos Abalos.

Cabida: 0,89 ha. A vexetación consta de matorreira baixa, abundante rexeneración de Pinus pinaster Ait. e unha ducia de pés adultos da mesma especie.

Estremas:

Norte: predios particulares e camiño ó monte Xiabre.

Sur: antigo camiño ó monte Xiabre.

Leste: predios particulares.

Oeste: predios particulares.

Colindantes:

Norte: Mª Jesús Rubiáns Campos, Manuel Rodríguez Rubiáns.

Leste: Victoria Campos, Manuel Rodríguez Rubiáns.

Oeste: hrdos. de Margarita Patiño, José Isaac Gómez Abalo.

Servidumes: atravesada por camiños de Trabanca-Badiña ó monte Xiabre en dous trazados distintos.

Ocupacións: observase a presencia de: un depósito de augas. Unha canteira abandonada que ocupa mais da metade da parcela no seu desterro. Unha vivenda ocupada e en edificación dentro do desterro da canteira. Varias chabolas ocupadas. Unha cerca de bloques e arame.

Parcela nº 2 Monte Penedo, O Penedo, Pedra Mallariza ou Pedra Malladiza.

Cabida: 1,95 ha. Parcialmente rasa, na zona norte aparece masa de Pinus pinaster adulto. Ó oeste monte bravo e rexenerado da mesma especie.

Estremas:

Norte: predios particulares, camiño vello de Trabanca a Cea e pista asfaltada separada por muro.

Sur: predios particulares muro por medio.

Leste: predios particulares e fincas particulares muro por medio.

Oeste: predios particulares, polígono industrial.

Colindantes:

Norte: Manuel Bentosinos Aguya, hrdos. Luis Mouruños.

Sur: predio Golpelleira (hrdos. de Ballesteros).

Leste: predio Golpelleira (hrdos. de Ballesteros).

Oeste: polígono industrial, Manuel Bentosinos Aguya, Elisa Barreiro García.

Servidumes: atópase atravesada por camiño.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que

se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2002 .

José A. López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Pontevedra