Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de xaneiro de 2002, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Vilar, pertencente á parroquia de Vilanova (concello de Lalín).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 29 de novembro de 2000, acordou inicia-los trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Lalín.

Parroquia: Vilanova.

Nome do monte: Vilar.

Cabida total estimada: 161,75 ha.

Localización xeográfica: as coordenadas extremas na cuadrícula UTM son:

Extremo norte 4717250.

Extremo sur 4714500.

Extremo leste 573750.

Extremo oeste 572250.

No citado monte distínguense tres parcelas.

Parcela nº 1.

Localizada ó oeste do trazado da liña de ferrocarril, entre o leste e o río Abeleda.

Cabida estimada: 1,3 ha. Actualmente atópase poboada por matorreira e pés soltos de Pinus pinaster.

Estremas:

Norte: propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: río Abeleda.

Colindantes:

Norte: Manuel Fernández Nogueira, Julia Gómez, Piedad González.

Sur: Hermesindo Presas Fernández.

Leste: Olga Fernández Alonso, Piedad González e outros.

Servidumes: atravesada por camiño veciñal e pistas de servicio a predios colindantes.

Parcela nº 2.

Ocupa o espacio deixado entre o antigo e o novo trazado da estrada PO-202 (O Carballiño-Lalín).

Cabida estimada: 0,4 ha. Actualmente atópase poboada de matorreira.

Estremas:

Norte e leste: antigo trazado da estrada PO-202.

Sur e oeste: novo trazado da estrada PO-202.

Parcela nº 3.

Ocupa o resto da superficie do monte.

Cabida estimada: 160,05 ha. Apréciase a presencia de rasos e zonas esquilmadas estando o resto poboado por matorreira de leguminosas con rexeneración descontinua de Pinus pinaster e pés dispersos de Pinus pinaster, Castanea sativa e Salix sp.

Estremas:

Norte: río Seixos, rego de Navallo e terreos particulares.

Sur: límite parroquial de Nogueira e Abeleda.

Leste: terreos particulares, estrada de Navallo a PO-202 e concello de Dozón.

Oeste: camiño veciñal, terreos particulares, núcleo de poboación de Vilar e río Abeleda.

Colindantes:

Norte: Mª del Carmen Gutiérrez López, Mª Josefa López e outros.

Sur: parroquias de Nogueira e Abeleda.

Leste: Mª Josefa López Blanco, Socorro Gutiérrez Lalín, Consuelo Gutiérrez Lalín e outros.

Oeste: Amancio Presas Fernández, Modesto Fernández Gómez de Nogueira, Julia Gómez Cachafeiro de Sanmartiño, José Pérez de Nogueira e outros.

Servidumes: o monte atópase atravesado polo ferrocarril Ourense-Santiago, a estrada comarcal PO-202 (Lalín-O Carballiño), o camiño veciñal que desde a dita estrada conduce a Navallo, o camiño veciñal de Vila a Navallo e varias vías de servicio a encraves dentro do monte.

Ocupacións: dentro do perímetro do monte ó longo do camiño de Navallo á estrada PO-202 localízanse parcelas destinadas ó cultivo agrícola e prado.

Encraves: existen varios encravados no monte que, de acordo coa información fornecida, teñen os seguintes propietarios: Olga Fernández Alonso (varias propiedades), Leonor Gómez Fernández (varias propiedades), Piedad González Fernández (varias propiedades), Purificación Lamas Fernández (varias propiedades), Hermesindo Presas Fernández, Julio García Sánchez.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2002.

José A. López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Pontevedra