Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 22 de xaneiro de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2001/000086-2 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanse ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial de Lugo en Celeiro-Viveiro, avda. Ramón Canosa, s/n, 27863.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000086-2.

Denunciado: José Manuel lago Pazos.

DNI: 32627985R.

Enderezo: lugar de Ragón, 103-Covas. Ferrol (A Coruña.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 60.000 pesetas/360,61 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000167-2.

Denunciado: Roberto Suárez Díaz.

DNI: 10897835K.

Enderezo: Honesto Batallón, 25-2º esq. Gijón (Oviedo).

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 50.000 pesetas/300,51 euros.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos o documento de ingreso correspondente.

Celeiro-Viveiro, 22 de xaneiro de 2002.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo