Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución da central hidroeléctrica de Loureiro, no río Loureiro, termo municipal da Pobra de Brollón, provincia de Lugo.

Visto o expediente iniciado a pedimento de Juan Carlos García Marqués, en nome e representación de Hidráulica de Loureiro, S.L., na actualidade Hidráulica de Loureiro Enorsa, S.L., con enderezo para efectos de notificacións en r/ San Andrés, 56-7º C, 15003 A Coruña, no que se solicita autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da central hidroeléctrica de Loureiro, no río Loureiro, termo municipal da Pobra de Brollón, provincia de Lugo, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Por resolución da Confederación Hidrográfica del Norte do 30 de xullo de 1993, outórgaselle a Lemfi, S.A. unha concesión para aproveitar

1.500 l/s de agua do río Loureiro, con fins hidroeléctricos no termo municipal da Pobra de Brollón (Lugo).

Segundo.-Con data do 6 de abril de 1995, a empresa Hidráulica de Loureiro, S.L. solicita a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Loureiro, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado por Real decreto 249/1988, do 18 de marzo.

Terceiro.-Con data do 17 de xaneiro de 1996, a Comisión Galega de Medio Ambiente acordou formula-la declaración de efectos ambientais do proxecto da minicentral hidroeléctrica de Loureiro.

Cuarto.-Con data do 19 de xullo de 1996, a Dirección Xeral de Industria resolveu recoñecerlle á minicentral de Loureiro a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica, e incluíla no grupo f segundo o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Quinto.-Con data do 4 de abril de 1997, a Confederación Hidrográfica del Norte resolveu aproba-la transferencia do citado aproveitamento á sociedade Hidráulica de Loureiro, S.L.

Sexto.-Con data do 7 de abril de 1998, a Confederación Hidrográfica del Norte resolveu autoriza-las obras proxectadas no denominado «Proxecto constructivo dun aproveitamento hidroeléctrico no río Loureiro, central de Loureiro».

Sétimo.-Con data do 16 de xuño de 1999, a Confederación Hidrográfica del Norte resolveu aproba-lo proxecto de modificación do aproveitamento hidroeléctrico do río Loureiro, central de Loureiro.

Oitavo.-A empresa Hidráulica de Loureiro, S.L. pasou a denominarse Hidráulica de Loureiro Enorsa, S.L., segundo consta na escritura pública elevada ó rexistro mercantil presentada ante esta administración.

Noveno.-As instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica do río Loureiro, segundo o seu proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial Gabriel López-Companioni Vázquez e as modificacións asinadas polo enxeñeiro industrial Juan Ramón Fernández Jorge teñen as seguintes características:

-Caudal máximo derivado: 1.500 l/s.

-Salto bruto: 138,8 m (entre cotas 468,8 e 330 m.s.n.m.).

-Dúas turbinas tipo Francis de eixo horizontal a 1.000 rpm de 1.000 e 500 l/s respectivamente.

-Dous xeradores asíncronos de 985 e 550 kW de potencia cada un.

-Un transformador de potencia de 2 MVA e relación de transformación 6/20 kV.

-Instalacións de mando, control, protección e medida.

Décimo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable, propoñendo a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado por Real decreto 249/1988, do 18 de marzo.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizar administrativamente as instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Loureiro, no río Loureiro, termo municipal da Pobra de Brollón, provincia de Lugo.

-Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da citada central hidroeléctrica.

Queda obrigada a empresa titular da instalación, a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade e medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria