Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social.

Tentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e de seguridade e hixiene no traballo.

Faise saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e os interesados poden formular contra ela, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, que resulta competente por aplicación e de conformidade co establecido nos artigos 8.3º e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Advírteselles que terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que se xuntaba á resolución de instancia, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación desta resolución, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

EmpresaDomicilio

Localidade

Nº expedienteData resolución

dirección xeral

ou consellería

PreceptosSanción

imposta

InfrinxidosSancionadores

Gallega de Montajes Eléctricos, S.L.Santiago de Compostela, A Coruña624/94 R.A.) 205/94 (CO) 615/94 (AI)20 de setembro de 2001Artigo 67 (1º e 3º) da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. 9-3-1971)Artigo 11.4º da Lei 8/1988, do 7 de abril, sobre infraccións e sancións na orde social... pesetas

EmpresaDomicilio

Localidade

Nº expedienteData resolución

dirección xeral

ou consellería

PreceptosSanción

imposta

InfrinxidosSancionadores

Vehículos de Importación a Motor, S.A.Vigo, Pontevedra421/00(R.A.) 49/00 (PO) 1903/99 (AI)20 de setembro de 2001Artigo 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación cos artigos 2 e 3 do Real decreto 39/1991, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servicios de prevenciónArtigo 47.1º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais250.100 pesetas

Tofrigal Distribuciones, S.L.Marín, Pontevedra810/00(R.A.) 374/00 (PO) 801/00 (AI)30 de maio de 2001 Artigos 4.2º d) e 19.1º do Estatuto dos traballadores, R.D. lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e artigos 14 e 17.2º da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais; artigos 3 e 7, e anexo IV.1.6 e 7 do R.D. 773/1997, do 30 de maio, sobre equipos de protección individualArtigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais350.000 pesetas

Construcciones Doyfra, S.L.Betanzos, A Coruña19/01 (R.A.) 529/00 (CO) 856/00 (AI)20 de setembro de 2001Artigos 4.2º d) e 19.1º da Lei do Estatuto dos traballadores, no seu texto refundido aprobado por R.D. lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación co artigo 14, puntos 1º e 2º do artigo 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 6 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubroArtigo 47.6º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais250.100 pesetas

Artes Gráficas Continuo Jet, S.L.Vigo, Pontevedra42/01 (R.A.) 588/00 (PO) 1262/00 (AI)20 de setembro de 2001Artigo 17.1º b) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co punto 4 do apartado 1 do anexo I, en relación co artigo 3, puntos 1º e 2º, do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de Seguridade e Saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo; todo isto en relación cos artigos 14 e 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laboraisArtigo 47.16º b) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais250.100 pesetas

Artes Gráficas Continuo Jet, S.L.Vigo, Pontevedra51/01 (R.A.) 589/00 (PO) 1263/00 (AI)9 de outubro de 2001Artigo 30.1º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co artigo 14, puntos 1º, 2º e 3º da mesma lei, así como cos artigos 2 e 10 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro (BOE do 31) polo que se aproba o Regulamento de servicios de prevención e cos artigos 4.2º d) e 19.1º da Lei do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo. Artigos 18 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laboraisArtigo 47.15º e 8 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais800.000 pesetas

José Pardiñas SotoA Coruña115/01(R.A.) 664/00 (CO) 1109/00 (AI)29 de outubro de 2001Artigo 3 a) da parte C do anexo IV do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro; artigos 241, 206 e 221 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970)Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais250.100 pesetas

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE