Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Instituto F.P. Redondo.
Situación: concello de Moaña.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 16 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Latón ata o C.T. que se
proxecta no Instituto F.P. Redondo, no concello de Moaña, de 400 kVA relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 26 de decembro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra