Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/452-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. rúa Alfredo Brañas 8.

Situación: concello de Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 112 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente ó C.T. urbanización Piñeiriño alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa Alfredo Brañas nº 8, no concello de Vilagarcía de Arousa, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de decembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra