Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 03/8571/2001, interposto por Juan Santos Gómez, Jesús Gestido Caamaño e Valentín Piñeiro González.

Para efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 03/8571/2001, interposto por Juan Santos Gómez, en nome da C. Montes Veciñais de Domaio, Jesús Gestido Caamaño en nome da C. Montes Veciñais de Coiro e Valentín Piñeiro González en nome da C. Montes de Meira, contra Decreto do 20-9-2001, que declara a utilidade pública e urxente ocupación de bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da vía de alta capacidade do Morrazo, Rande, Cangas; clave PO-99/61.1.2, esta secretaría resolveu ordena-la remisión do correspondente expediente ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda