Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.754

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 40/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de modelismo de indumentaria, correspondente á familia profesional de artes aplicadas á indumentaria, así como o acceso ó dito ciclo formativo.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina no seu artigo cuarto que se entende por currículo o conxunto de capacidades terminais, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada un dos niveis, etapas, ciclos, graos e modalidades nos que se organiza a práctica educativa. Sobre esta base efectúase un dobre reparto competencial, polo que se lle atribúe, por unha parte, ó Goberno a fixación dos aspectos básicos do currículo que constituirán as ensinanzas mínimas en todo o Estado coa finalidade de garantir unha formación común de tódolos alumnos e a validez dos títulos correspondentes e polo que se lles atribúe, por outra parte, atribúelles ás administracións con competencia en materia educativa o establecemento do currículo do que formarán parte as ditas ensinanzas mínimas.

Polo tanto, unha vez publicado o Real decreto 676/1993, do 7 de maio, polo que se establecen as directrices xerais sobre os títulos e as correspondentes ensinanzas mínimas de formación profesional, definidas as ensinanzas mínimas correspondentes ó título de técnico superior de artes plásticas e deseño en modelismo de indumentaria polo Real decreto 1460/1995, do 1 de setembro, e tendo en conta o establecido no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, sobre os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, procede establece-lo currículo do dito ciclo formativo para o ámbito de competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cómpre asegurar no alumnado unha formación artística de calidade e garanti-la cualificación dos futuros profesionais das artes plásticas e deseño. Por iso o currículo inclúe, ademais dos coñecementos académicos vinculados ó ensino máis tradicional, outros aspectos inherentes á formación profesional e que permitan a incorporación dos mozos á vida activa, cun grao de formación que lles permita adaptárense ás modificacións que poidan producirse ó longo da súa vida e que contribúa á formación permanente dos cidadáns ó tempo que atende as demandas de cualificación do sistema productivo e tendo en conta as necesidades de desenvolvemento económico e social da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa dimensión no fomento do noso patrimonio cultural.

As ensinanzas de artes plásticas e deseño están constituídas por un conxunto de ciclos formativos cunha organización modular variable tanto na duración destes como na diversidade de áreas de coñe

cemento teórico-práctico en función dos distintos campos profesionais. As capacidades terminais dos distintos módulos profesionais, definidos neste decreto, describen o comportamento conxunto do alumno en termos de resultados avaliables que se requiren para acada-los aspectos básicos da competencia xeral. Estes aspectos básicos aseguran unha cualificación común do titulado, garantía do título en todo o Estado e de correspondencia europea das cualificacións outorgadas ós alumnos.

Os contidos curriculares non teñen que ser interpretados como unidades temáticas nin, por tanto, necesariamente organizados na mesma orde na que aparecen nesta norma, precisando, polo tanto, dunha ulterior concreción por parte do equipo de profesores que, coa necesaria flexibilidade, programarán interdisciplinarmente as secuencias de aprendizaxe, destacando nos ámbitos artísticos, técnicos e naqueles específicos do ámbito profesional do alumno os contidos de maior significación cara ó desenvolvemento cualificado das actividades profesionais. Esta concreción ten que referirse principalmente ás liñas xerais de aplicación dos criterios de avaliación, á metodoloxía e ás actividades de carácter didáctico. Finalmente, cada profesor, no marco deste proxecto, realizará a súa propia programación, recollendo os procesos educativos que se propón desenvolver na aula.

Os criterios de avaliación establecen o tipo e grao de aprendizaxe que se espera que acaden os alumnos nun momento determinado, respecto das capacidades indicadas nos obxectivos xerais e nos específicos de cada módulo. O nivel de cumprimento destes obxectivos, en relación cos criterios de avaliación fixados, debe ser medido con flexibilidade, tendo en conta as características e posibilidades dos alumnos.

A incorporación ós ciclos formativos de fases de formación práctica e do proxecto final é un elemento fundamental na construcción deste modelo formativo. A colaboración de profesionais, entidades e institucións, contribuirá á concreción de proxectos educativos que anticipen solucións reais no mundo laboral.

Para completa-lo currículo o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo, permitirán a súa adaptación tendo en conta as características do alumnado ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Asemade, este decreto regula o acceso a este ciclo formativo, por medio dunha proba específica que deberá avalia-los coñecementos e as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes a este ciclo, ó mesmo tempo que establece os requisitos de acceso a estes estudios.

En virtude de todo iso, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe do Consello Escolar de Galicia, e logo de

deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de xaneiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto regula o currículo das ensinanzas do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de modelismo de indumentaria, pertencente á familia de artes aplicadas á indumentaria, correspondente ó título de técnico superior en artes plásticas e deseño en modelismo de indumentaria, de acordo co establecido no punto 3º do artigo 4 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e integra o establecido no Real decreto 1460/1995, do 1 de setembro, polo que se regulan as ensinanzas mínimas do dito ciclo formativo.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración deste ciclo formativo son os que se establecen no apartado 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Este decreto será de aplicación no ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 3º.-Perfil profesional.

A competencia e as capacidades profesionais, as tarefas máis significativas e o campo profesional, que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 4º.-Currículo do ciclo formativo.

1. Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por currículo do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de modelismo de indumentaria o conxunto de capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación que regularán a práctica docente neste ciclo formativo, as fases de formación práctica en empresas, estudios e talleres, así como o proxecto final.

2. Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de modelismo de indumentaria son os que se establecen no punto 3.1. do anexo deste decreto.

3. As capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos módulos correspondentes ó ciclo formativo a que se refire este decreto, a súa distribución en cursos e os tempos lectivos, así como o proxecto final e a fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres son os que se establecen nos puntos 3.2., 3.3. e 3.4. do anexo deste decreto.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 5º.-Ordenación académica das ensinanzas.

1. As presentes ensinanzas organízanse en módulos, fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres e proxecto final.

2. Para os efectos do disposto neste decreto, o concepto módulo considerarase equivalente ós termos materia teórica, materia teórico-práctica e clases prácticas ós que se refire o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas.

Artigo 6º.-Admisión do alumnado.

Os criterios de admisión do alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no apartado 4.1. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Avaliación.

1. A obtención do correspondente título requirirá a avaliación positiva das distintas capacidades nas que se estructura a ensinanza impartida no centro educativo: dos módulos, das fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, así como do proxecto final.

2. A organización e avaliación da fase de formación práctica en empresas e do proxecto final é a que se expresa no punto 4.2. e 4.3. do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Profesorado.

As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.4. do anexo deste decreto.

Artigo 9º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.5. do anexo deste decreto.

Artigo 10º.-Relación numérica profesor/alumno.

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica profesor/alumno, que se determina no punto 4.6. do anexo deste decreto.

Artigo 11º.-Correspondencias.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá recoñece-la correspondencia coa práctica laboral dos módulos que se indican no punto 4.7. do anexo deste decreto.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionada con este ciclo formativo.

Artigo 12º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.8. do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de

competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Artigo 13º.-Proxecto curricular.

1. Os centros docentes concretarán e complementarán o currículo do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de modelismo de indumentaria mediante a elaboración de proxectos curriculares para o dito ciclo.

2. O proxecto curricular de centro deberá conter unha adecuación dos obxectivos xerais deste ciclo ás características do alumnado, criterios metodolóxicos de carácter xeral en relación co proceso de avaliación, así como en materia de diversificación curricular.

3. O proxecto curricular do centro incluirá, así mesmo, a distribución das capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación do ciclo formativo, incluídos os programas de cada materia. A dita distribución non deberá variar para un mesmo grupo de alumnos ó longo do dito ciclo.

4. O proxecto curricular do centro formará parte da programación da súa actividade docente e incorporarase á programación xeral correspondente.

5. Os profesores desenvolverán programacións da súa actividade docente de acordo co currículo e co proxecto curricular do centro.

Disposición transitoria

Única.-Ata que se determinen as novas especialidades docentes, a competencia do profesorado pertencente ós corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño para a impartición de cada módulo queda definida pola súa pertenza ás especialidades que se indican no punto 4.4. do anexo deste decreto. Non obstante, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no seu ámbito de competencia e durante o mesmo período transitorio, poderá autoriza-la impartición de determinados módulos a aqueles docentes que, á promulgación deste decreto, se encontrasen impartindo materias equivalentes da anterior ordenación, sempre que acrediten preparación para isto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación e desenvolvemento do establecido neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecatro de xaneiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: técnico superior de artes plásticas e deseño en modelismo de indumentaria.

-Nivel: grao superior de artes plásticas e deseño.

-Duración: 1.875 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Concretar sobre o patrón os deseños do estilista interpretando e verificando os deseños mediante patróns e tecidos, elaborando os prototipos para o traballo de execución en talleres artesanais ou industriais.

2.2. Capacidades profesionais:

* Interpretar e concreta-los deseños do estilista.

* Traballar en equipo na organización e na dirección do traballo nos talleres de confección.

* Analizar e desenvolve-los procesos básicos de realización propios da especialidade.

* Aplica-los sistemas de creación e elaboración de productos propios da especialidade, tanto no referente a tendencias plásticas como ás técnicas que se integran dentro deste campo profesional.

* Valorar de forma idónea as necesidades na proposta de traballo, así como os aspectos plásticos, artísticos, técnicos, organizativos e económicos, para configura-lo proxecto e selecciona-las especificacións plásticas e técnicas oportunas para conseguir un óptimo resultado no seu traballo profesional.

* Resolve-los problemas artísticos e tecnolóxicos que se presenten durante o proceso de proxectación e realización.

* Aplica-las medidas preventivas necesarias para que os procesos de realización utilizados non incidan negativamente no medio.

* Aplica-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional no campo propio da especialidade.

* Analizar, adaptar e, de se-lo caso, xerar documentación artístico-técnica imprescindible na formación e no adestramento de profesionais do sector.

2.3. Tarefas máis significativas:

As tarefas máis significativas do modelista de indumentaria:

* Traduci-la representación artística do figurino ó plano, verificando proporcións e medidas, para facilita-la súa comprensión na realización do prototipo.

* Realiza-la toile sobre o manequín para, a partir das formas obtidas, face-lo patrón.

* Analiza-lo patrón para unha mellor adaptación ó deseño.

* Avalia-la fiabilidade do deseño canto á súa funcionalidade e harmonía estética.

* Asegura-la realización dos prototipos respectando o estilo dos deseños.

* Consolida-las bases dunha boa patronaxe asegurando a resposta dos restantes talleres.

* Elaborar, manter e/ou completa-la ficha técnica do prototipo.

* Concibi-las formas e os volumes das prendas a partir dun coñecemento profundo das tendencias do momento ou da obra que se vai representar.

2.4. Campo profesional:

A especialidade de modelista de indumentaria orienta principalmente o seu traballo, en estreita colaboración co estilista.

Por causa da diversificación que existe nas empresas do sector canto ó tamaño e producto, as funcións deste profesional variarán formalmente dependendo de como sexa a empresa.

Na grande empresa, a súa actividade está dentro dos departamentos de deseño, elaborando os prototipos e sendo o responsable de que os deseños sexan viables, así como de tódolos aspectos referentes ás fases tecnolóxicas da fabricación en serie.

Na mediana e pequena empresa pode asumi-las funcións do estilista, ademais das propias, o que lle confire á súa actividade un maior nivel de autonomía respecto ó da grande empresa.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Analizar e desenvolve-los procesos básicos de realización propios da especialidade.

* Utiliza-los sistemas de creación e elaboración de productos propios da especialidade, no referente tanto a tendencias plásticas como ás técnicas que se integran dentro deste campo profesional.

* Valorar de forma idónea as necesidades argumentadas na proposta de traballo, así como os aspectos plásticos, artísticos, técnicos, organizativos e económicos, para configura-lo proxecto e selecciona-las especificacións plásticas e técnicas oportunas para conseguir un óptimo resultado no seu traballo profesional.

* Resolve-los problemas artísticos e tecnolóxicos que se presenten durante o proceso de proxectación e realización.

* Describi-las especificacións técnicas dos equipos e maquinaria utilizados.

* Describi-las medidas preventivas necesarias para que os procesos de realización utilizados non incidan negativamente no medio.

* Analiza-las formas, materiais, técnicas e procesos creativos e artísticos relacionados coa especialidade.

* Describi-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional no campo propio da especialidade.

* Analizar, adaptar e, se é o caso, xerar documentación artístico-técnica imprescindible na formación e adestramento de profesionais do sector.

* Seleccionar e valorar criticamente as situacións plásticas, artísticas, técnicas e culturais derivadas do avance tecnolóxico e artístico da sociedade, de forma que lle permitan desenvolve-las súas capacidades de autoaprendizaxe co fin de evolucionar adecuadamente na profesión.

3.2. Capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos diversos módulos:

3.2.1. Módulo 1: debuxo do natural e a súa aplicación á indumentaria:

Capacidades terminais

* Aplicar correctamente diferentes técnicas de expresión gráfica sobre distintos soportes propios do debuxo.

* Representa-la figura humana en repouso e en movemento a partir de modelos do natural, empregando diversas técnicas de debuxo.

* Representar de memoria a figura humana en diversas posicións, debidamente proporcionada.

* Realizar deseños de tecidos con diversas cores, texturas e estampados.

* Realizar figurinos de deseños de indumentaria, con estilo persoal, aplicando correctamente as técnicas de debuxo e cor.

* Realizar ilustracións de complementos de moda.

Contidos

* Técnicas de debuxo aplicadas á especialidade. Materiais.

* Debuxo do espido. Proporcións. Anatomía.

* Proporcións do corpo humano: aplicación ó deseño; aplicación ó figurino.

* Exercicios de retentiva.

* Modelo vestido sobre manequín: volumes; aplicación ó figurino.

* Debuxo de movemento: aplicación ó figurino.

* Figurinismo e ilustración. Complementos.

* Debuxo creativo.

* Debuxo de tecidos: lisos e estampados. Texturas.

* Debuxo do vestido a través do tempo. Figurinos.

* Ilustración de moda.

Criterios de avaliación

* A capacidade para comprender e representa-la figura humana, as súas proporcións e ritmos e as súas aplicacións ó figurino, así como a capacidade de utilizar distintos materiais e técnicas de debuxo, en aplicacións concretas.

* A capacidade de plasmar no debuxo diferentes clases de tecidos para a súa aplicación ó figurino.

* O grao de achegas persoais e de investigación desenvolvidas no traballo proposto.

* A sensibilidade artística e a creatividade demostradas.

3.2.2. Módulo 2: historia da indumentaria:

Capacidades terminais

* Desenvolve-la comprensión visual e conceptual dos ámbitos histórico, económico, social e cultural no que se desenvolven a indumentaria e a moda.

* Analiza-las especificacións da súa linguaxe e relacionalas no espacio e no tempo con outras manifestacións artísticas ou con aquelas que caracterizan as distintas culturas visuais.

* Decribi-la xénese e a evolución histórica das diversas fórmulas do traxe e tendencias da moda, insistindo nas manifestacións contemporáneas e nas súas conexións coa arte do noso século.

* Coordinar propostas de traballo e actividades en común coas distintas disciplinas que se integran neste ciclo formativo superior, para reuni-lo coñecemento teórico da evolución da indumentaria coa súa realización.

Contidos

* O traxe como manifestación cultural e artística: factores funcionais, climáticos, sociais e estéticos que o configuran. Significado expresivo de materiais, formas, cores e complementos. Concepto de moda e a súa transcendencia histórica, social e económica. Fontes iconográficas.

* Orixes do vestir. O traxe das civilizacións antigas: tipoloxías fundamentais. Sinxeleza grega e suntuosidade romana. O adorno persoal na antigüidade.

* A indumentaria europea da Alta Idade Media: modalidades occidentais e orientais; influencias asiáticas e musulmanas. A Baixa Idade Media: o traxe e as clases sociais. Definición de moda.

* O Renacemento: procura dun ideal de beleza harmónica. As industrias do luxo. Difusión da moda española. Variantes nacionais. O gravado como medio informativo de tendencias.

* A estética barroca: tendencias do gusto. Repercusións da moda francesa e holandesa. Publicacións de moda. A sociedade e o vestir no século da Ilustración: aceleración das modas. Revistas especializadas e creadoras de moda. Influencia inglesa.

* Consecuencias da Revolución Industrial na indumentaria. Cambios políticos e económicos e as súas repercusións sobre a forma de vestir. Da silueta imperio ó gusto romántico: ámbitos de influencia de Francia e Inglaterra. Aparición da confección e internacionalización da moda. A alta costura e a consagración do francés.

* Da fin do século á Primeira Guerra Mundial: tendencias e influencias. Moda industrial e artesanal. A sociedade da Belle Epoque: cara á liberdade no vestir. Consecuencias da guerra de 1914 sobre o traxe e as formas de vida. Variantes do período de entreguerras.

* Moda posterior á Segunda Guerra Mundial: liña de creación e de confección. Novos materiais téxtiles e de adorno. Cambio do concepto de elegancia. Tendencias dos anos 50, 60, 70 e 80. A moda actual.

* Formas de vestir especializadas. Moda profesional: militar, relixiosa, teatral, etc. Fórmulas sociais: popular, de loito, infantil, etc. Evolución histórica dos tipos fundamentais.

Criterios de avaliación

* Capacidade de percepción visual, razoada e científica, da cultura do vestir, dos seus valores estéticos e plásticos e dos variados elementos que a configuran.

* Comprensión razoada e xuízo crítico ante as manifestacións artísticas e o seu reflexo no mundo da moda, que permitan encadrar estas manifestacións no contexto histórico, social, cultural e temporal en que se produciron.

* Sensibilidade manifestada ante a análise do feito artístico, pasado ou actual, e capacidade de interpretar adecuadamente a diversidade de factores que actúan sobre a definición da moda e a indumentaria.

* Utilización dunha linguaxe clara e concisa e dunha terminoloxía e un vocabulario específico idóneos.

3.2.3. Módulo 3: cor:

Capacidades terminais

* Realiza-las oportunas mesturas das cores primarias para obter un determinado matiz.

* Realizar combinacións de cores dentro dunha determinada gamma.

* Realizar combinacións de cores en contrastes harmónicos.

* Elaborar combinacións de cores para unha determinada proposta de indumentaria, segundo as sensacións que se pretenden transmitir e/ou a época do ano á que pertenza a colección que se está a deseñar.

* Experimenta-la aplicación de distintas cores sobre distintos materiais téxtiles.

* Seleccionar razoadamente os tipos de iluminación para proxectar sobre distintos tecidos de diferentes calidades e cores, segundo as sensacións que se pretenden transmitir.

Contidos

* Teoría da cor.

* Percepción.

* Círculo cromático.

* Cores simples e compostas. Complementarias.

* Harmonías cromáticas.

* Sistemas substractivo, aditivo e partitivo.

* Dimensións da cor.

* Estructuras, reflexión e interreflexión.

* Psicoloxía da cor. Simbolismo da cor.

* Estética da cor.

* Colorimetría.

Criterios de avaliación

* O coñecemento das teorías sobre cor e a capacidade de aplicación para realizar gamas e harmonías, así como para reproducir distintos matices de cor observados no seu contorno, a partir da realización de mesturas con materias pigmentais e filtros de cor.

* A creatividade e o sentido artístico demostrados.

3.2.4. Módulo 4: tecnoloxía téxtil:

Capacidades terminais

* Describi-las fibras téxtiles segundo a natureza, texturas e propiedades para a súa coloración.

* Analiza-lo proceso de coloreado de fibra segundo as tinturas utilizadas.

* Analiza-lo proceso dos acabados téxtiles segundo o seu uso.

* Describi-lo proceso de estampación de téxtiles en relación ó seu uso.

Contidos

* As fibras téxtiles: fibras naturais, fibras químicas orgánicas de polímeros naturais, fibras químicas de polímeros sintéticos e fibras químicas inorgánicas.

* Colorantes naturais e artificiais.

* Procesos de abrancazamento. Tintura.

* Procesos de estampación de tecidos a partir de deseños seleccionados.

* Acabados. Procesos normais de acabados de tecidos segundo a súa aplicación.

* Análise de tecidos. Texturas.

* Ficha técnica e estudio das características das materias primas.

* Materiais non tecidos e materiais atípicos.

Criterios de avaliación

* Identificar e relacionar productos téxtiles.

* Manipular materias primas e seleccionar tecidos en aplicacións concretas, recoñecendo e diferenciando fibras téxtiles con atención á súa clasificación e composición.

* Describi-los procesos de manipulación de tecidos e analizar tecidos e texturas.

3.2.5. Módulo 5: deseño asistido por ordenador:

Capacidades terminais

* Manexar correctamente o programa de debuxo CAD para elaborar proxectos de dúas dimensións relacionados coa especialidade.

* Manexa-las ferramentas informáticas de CAD-CAM para introduci-las correspondentes ordes de fabricación segundo os deseños realizados.

* Manexa-lo programa CAD para configurar obxectos ou espacios tridimensionais, segundo a especialidade, con aparencia real e utilizando os materiais, as texturas e a iluminación máis adecuadas.

* Manexa-lo programa CAD para realizar animacións espaciais dos obxectos ou espacios creados, coas secuencias e movementos de cámara máis adecuados.

Contidos

* Introducción á informática.

* Sistemas operativos.

* Dispositivos de entrada e de saída.

* Introducción ó CAD/CAM.

* Automatización e control de procesos.

* Software de ilustración e deseño.

* Técnica de modelado 2D e 3D.

* Calidades de render. Imaxe informática. Iluminación. Cámara.

* Planificación de animación 3D.

* Ofimática.

Criterios de avaliación

* O coñecemento e a capacidade do alumno para utilizar correctamente o material e os equipos informáticos.

* A capacidade para selecciona-lo medio informático adecuado, os seus resultados, alcance e posibles combinacións con outros medios.

3.2.6. Módulo 6: mercadotecnia:

Capacidades terminais

* Realizar estudios sobre posibles mercados e as súas canles de distribución mediante técnicas comerciais básicas.

* Identificar-lo proceso e as técnicas de investigación de mercados.

* Planificar vendas e determinar prezos.

* Describir estratexias de promoción de productos.

* Analiza-lo sistema distributivo da empresa.

* Identifica-los pasos que hai que seguir para asegurar unha execución das estratexias de mercadotecnia.

* Analiza-los distintos tipos de custos.

Contidos

* A mercadotecnia: concepto, natureza e funcións da mercadotecnia.

* A investigación de mercados. Procesos e técnicas.

* O producto: concepto e tipos. Ciclos de vida do producto. Etapas de desenvolvemento dun novo producto. Os productos de moda.

* A determinación dos requisitos do producto: influencias persoais e socioculturais no comportamento de compra. Estudio das motivacións.

* A exposición da venda e as operacións de venda: métodos de venda. Elaboración de orzamentos. Determinación dos prezos. Os descontos. Metodoloxía das argumentacións de venda. A recollida de información sobre a demanda ou pedido.

* Promoción de vendas e publicidade: técnicas e estratexias. A promoción de vendas a nivel retallista.

* A distribución: concepto, funcións e sistemas de distribución. As canles de distribución: almacenistas e retallistas. As novas formas de distribución comercial. Os custos.

* O servicio do producto: a calidade. Análise da satisfacción do cliente e do normal resultado dos productos.

Criterios de avaliación

* Capacidade de asimilación dos conceptos fundamentais que se inclúen nos bloques temáticos.

* Interese pola materia.

* Utilización correcta dunha terminoloxía específica.

3.2.7. Módulo 7: debuxo técnico:

Capacidades terminais

* Manexar correctamente os materiais de debuxo e utilizar adecuadamente as correspondentes técnicas gráfico-plásticas relacionadas co debuxo técnico.

* Realizar representacións gráficas de obxectos, empregando adecuadamente os distintos sistemas.

* Selecciona-lo sistema máis idóneo para o tipo de obxecto que se represente.

* Realizar trazados básicos empregando ferramentas informáticas.

* Aplica-los trazados xeométricos básicos a deseños da especialidade.

* Realizar bosquexos de pezas tridimensionais segundo a normativización, canto a formatos de papel, vistas, seccións, rotulacións, acoutacións, etc.

* Interpretar adecuadamente planos técnicos da especialidade no que respecta á normalización e ós sistemas de representación.

Contidos

* Instrumental de debuxo técnico:

-Regras, escuadra, compases, etc.

-Lapis, estilógrafo, etc.

-Papeis: tipos e usos.

-Transferible e copias (fotocopias e reprografía).

-Informática: introducción ós programas de CAD.

-Realización de trazados básicos cos materiais e instrumentos tradicionais e con soporte informático.

-Emprego de transferibles e sistemas de copias.

* Relacións de proporción e escala:

-Proporción.

-Relacións métrica e escalas.

-Construcción e utilización de escalas.

* Xeometría plana e espacial:

-Ángulos da circunferencia.

-Triángulos (tipoloxía).

-Construcción de polígonos (método xeral).

-Construcción de curvas (óvalo, ovoide e cónicas).

-Tanxencias e tanxencias por polaridade.

-Operacións topolóxicas no plano.

-Simetrías, xiros e semellanzas.

-Análise dos elementos espaciais.

-Redes e mallas, planas e espaciais.

-Trazado (á man e por ordenador) de ángulos e construcción de triángulos.

-Trazado (á man e por ordenador) de polígonos regulares.

-Trazado (á man e por ordenador) de curvas cónicas e planas.

-Trazado (á man e por ordenador) de tanxencias.

-Transformacións xeométricas do plano: trazado de simetrías, xiros e semellanzas.

-Trazado de redes e mallas planas e espaciais.

* Códigos de representación e normalización:

-A normalización como representación simbólica, esquemática ou figurativa.

-Códigos de normalización. Normas fundamentais DIN, UNE e ISO.

-Normas de anotación.

-O esbozamento (vistas, seccións e roturas).

-Rotulación.

-Execución de anotacións e rotulacións á man, normalizadas con patrón e mediante ordenador sobre elementos do taller.

-Esbozamento de elemento do taller.

* Sistemas de representación: o sistema diédrico (tradicional e por ordenador):

-Fundamentos e características deste sistema de representación.

-Proxección.

-Sección e intersección.

-Desenvolvemento de corpos.

-A homoloxía e a afinidade.

-Representación do punto, a recta e o plano (tipos de planos e rectas notables do plano).

-Representación de sólidos poliédricos.

-Construcción e análise gráfica das figuras básicas (tetraedro, hexaedro e octaedro).

-Seccións e interseccións de corpos e os seus desenvolvementos.

-Resolución de paralelismos; perpendicularidade.

-Cálculo de magnitudes verdadeiras.

* Sistemas de representación: o sistema de proxección cilíndrico axonométrico (á man e por ordenador):

-Fundamentos e características deste sistema.

-Axonometría ortogonal: isométrico e dimétrico.

-Axonometría oblicua: perspectiva cabaleira e militar.

-Representación do punto, a recta e o plano.

-Representación de sólidos poliédricos.

-Resolución de paralelismo, perpendicularidade e outros problemas de incidencia.

* Sistemas de representación: o sistema cónico:

-Denominación da perspectiva cónica e os seus sistemas. Fundamentos e características.

-Proxección (sistema convencional de trazado).

-Trazado directo.

-Orixe histórica dos trazados.

-Representación de sólidos poliédricos.

-Resolución de paralelismo, perpendicularidade e outros problemas de incidencia.

-Análise e comparación de perspectivas naturais.

* Os sistemas proxectivos na expresión artístico-plástica:

-Os sistemas de representación gráfica na historia. Historia da perspectiva.

-A cor no debuxo técnico.

-A xeometría na arte (Euclides, Vitruvio, Durero, Leonardo, etc.).

-Aplicación dos coñecementos sobre exemplos históricos.

-Aplicación da cor a debuxos.

* Disposición favorable no emprego dos materiais e instrumentos tradicionais e informáticos.

Criterios de avaliación

* Debuxar obxectos cos sistemas de representación máis idóneos.

* Escolle-lo tipo de sección máis esencial nunha peza ou nun elemento dado.

* Descompor un obxecto nas súas estructuras fundamentais.

* Trasladar ó plano unha idea de acordo coas convencións do debuxo técnico.

* Representar con distintos sistemas de proxección unha figura xeométrica nunha determinada posición.

* Usar con propiedade as técnicas básicas do debuxo técnico.

* Representar de maneira clara e precisa esbozos, acotacións, seccións, rotulacións, etc.

* Incorporar nun debuxo técnico a simboloxía máis axeitada.

* Redacta-la memoria descritiva básica utilizando os códigos e o léxico da especialidade.

3.2.8. Módulo 8: modelismo:

Capacidades terminais

* Analiza-los sistemas de patronaxe e xastrería e describi-los procedementos de corte e técnicas de confección para asegurar unha mellor interpretación dos deseños.

* Elaborar patróns-base a partir dos deseños de figurinos.

* Axusta-los patróns en función dos sistemas de corte e de confección que se utilicen (á man ou á máquina).

* Realiza-lo escalado de patróns para os diferentes talles.

* Realizar transformacións de patróns para determinadas tipoloxías.

* Realiza-la marcada dos patróns sobre o tecido, despois de realizados os correspondentes cálculos e a distribución.

* Elabora-los adornos para aplicar nos traxes a partir dos modelos deseñados polos estilistas nos figurinos.

Contidos

* Patronaxe. Sistemas.

* Técnicas de confección: á man e á máquina.

* Patróns base.

* Transformacións

* A marcada. Cálculo e distribución no tecido.

* Elaboración do prototipo. Escalado.

* O adorno aplicado ó traxe.

Criterios de avaliación

* A capacidade do alumno para iniciarse na realización de calquera peza de vestir e a adecuada interpretación dos deseños de moda ou de espectáculos, desenvolvendo todo o proceso de elaboración e tendo en conta as súas características, a súa aplicación e a técnica de realización máis adecuada.

3.2.9. Módulo 9: modelismo: moda:

Capacidades terminais

* Interpretar correctamente os deseños do estilista de moda, elaborando os prototipos mediante a utilización de materiais e técnicas de realización idóneas.

* Crear prototipos dun mesmo modelo adaptado para home, muller e neno ou nena, comprobando que se axusta ó deseño orixinal e realizando, en caso contrario, as oportunas correccións.

* Comprobar sobre o prototipo que os materiais utilizados sexan os máis adecuados á idea presentada no deseño e, en caso contrario, propor materiais alternativos.

* Avalia-la funcionalidade e harmonía estética do prototipo e realiza-las adaptacións necesarias para unha maior adecuación ó deseño.

* Crear prototipos dos complementos de moda e verifica-lo seu axuste ó deseño orixinal. Propo-las modificacións de materiais, proporcións ou modo de fabricación que se consideren oportunas para unha maior adecuación á idea representada no figurino.

Contidos

* O patrón. As súas aplicacións e diferencias: home, muller e neno ou nena.

* Xastrería. Transformacións: montaxe e escalado.

* Diferenciación de patróns nos distintos sistemas de xastrería e modistería.

Criterios de avaliación

* Valorarase a capacidade do alumno para realizar calquera peza de vestir desenvolvendo todo o proceso de elaboración e tendo en conta as súas características, a súa aplicación e a técnica de realización máis adecuada, así como a adecuada interpretación dos deseños do estilista de moda.

3.2.10. Módulo 10: formación e orientación laboral:

Capacidades terminais

* Describi-lo marco legal do traballo e interpreta-los dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Establecer no ámbito laboral as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes, e determina-las medidas sanitarias básicas e inmediatas en caso de accidente.

* Identifica-las formas e os procedementos de inserción, permanencia e promoción na realidade laboral como traballador por conta propia e por conta allea, e localiza-las axudas que prestan as institucións e organismos autonómicos, estatais e comunitarios á inserción laboral.

* Adquiri-las habilidades necesarias para o fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica galega e española para poder coñece-la situación actual e as perspectivas do sector a nivel autonómico, estatal e comunitario.

* Explica-la organización e a xestión dunha pequena e mediana empresa do sector interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Desenvolver actitudes de participación e colaboración que favorezan o logro dos obxectivos da empresa.

* Describi-los instrumentos xurídicos, empresariais e profesionais propios da especialidade co obxecto de coñece-los dereitos e asumi-las obrigas que se derivan do labor profesional.

* Descubri-la realidade sociolaboral, cultural e técnica, desde a experiencia dos profesionais, co obxecto de adquiri-los coñecementos complementarios necesarios para a práctica da profesión.

Contidos

Comúns:

* O marco xurídico das relacións laborais: Estatuto dos traballadores e regulamentación específica do sector.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Condicións de traballo e seguridade. Medidas de prevención e protección. Primeiros auxilios.

* O proceso de procura de emprego. O traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Organismos e institucións autonómicos, estatais e comunitarios que prestan asesoramento á inserción laboral. Axudas económicas á iniciativa empresarial.

* Conceptos básicos de economía e mercadotecnia.

* Iniciativas para o traballo por conta propia: plan de empresa, plan de viabilidade, tipos de empresas e constitución dunha empresa.

* A empresa: o seu funcionamento económico. Obtención de recursos. Organización da producción e comercialización dos seus productos. Interpretación do estado das contas anuais. Obrigas xurídicas e fiscais.

Dereito específico:

* Protección ó deseño: propiedade intelectual. Rexistro da propiedade intelectual. Entidades de xestión. A propiedade industrial. Os modelos e debuxos industriais e artísticos. Rexistro e procedemento rexistral.

* A protección internacional das innovacións.

* Os signos distintivos: marca, rótulo e nome comercial.

* Información sobre normas técnicas. Centros e asociacións de investigación e desenvolvemento da industria.

Criterios de avaliación

* Verifica-la asimilación dos conceptos fundamentais que se inclúen nos bloques temáticos.

* Contrasta-lo interese pola materia.

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Conseguir actitudes axeitadas que faciliten a inserción, permanencia e promoción no mundo do traballo.

* Actitude emprendedora e creativa ante as propias necesidades e aspiracións.

* Verifica-la utilización correcta dunha terminoloxía específica en torno ós contidos económicos, laborais, de mercadotecnia, xurídicos ou empresariais.

* Valoración razoada da normativa específica pola que se rexe este campo profesional.

3.3. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres:

Os seus obxectivos serán:

* Asumi-la realidade profesional para completa-la formación académica, realizando un cometido laboral de responsabilidade acorde co seu nivel.

* Tomar contacto co mundo do traballo e co seu sistema de relacións sociais, laborais e técnicas.

* Contrasta-los coñecementos adquiridos no centro educativo coa realidade empresarial e laboral.

* Adquirir coñecementos complementarios útiles para a práctica profesional, tanto sobre a organización e coordinación do traballo, propio da especialidade, como sobre a situación e relacións do mercado laboral.

* Adquiri-los coñecementos técnicos sobre útiles, ferramentas, aparellos e máquinas que, pola súa especialización, custo ou novidade, non están ó alcance do centro educativo.

* Participar de forma activa nas fases do proceso productivo, baixo a titoría ou dirección correspondente.

* Aplica-los coñecementos e habilidades adquiridos na formación teórica e práctica do alumnado nos centros docentes.

* Integrarse no mundo laboral e no sistema técnico-social da empresa.

3.4. Proxecto final:

O proxecto final ten como obxectivo comprobar se o alumno asimilou e ten a capacidade de integrar, sincretizar e aplica-los coñecementos teórico-prácticos e artísticos das ensinanzas cursadas no centro e, en consecuencia, de desempeña-la actividade profesional no campo desta especialidade e nivel cursados.

Nesta familia profesional o proxecto consistirá na realización dun ou varios traballos pertencentes ó

campo das artes aplicadas á indumentaria, xa sexa como peza illada ou xa como conxunto.

O proxecto final terá o seguinte contido:

* Información e comunicación:

-Estudio histórico-artístico, que sitúe a obra obxecto do proxecto no contexto das artes aplicadas, relacionándoa coas artes plásticas do seu tempo e cos seus antecedentes estéticos, analizando de forma clara e precisa as técnicas nela empregadas para a súa confección e destacando as achegas ou peculiaridades que ofrece o traballo.

-Memoria, onde se realizará unha análise dos procesos e fases de realización do traballo, así como, polo menos, dos seguintes aspectos:

-Aspectos funcionais.

-Aspectos artísticos.

-Aspectos técnicos: materiais e procesos necesarios para a realización do producto final.

-Aspectos económicos: cálculo dos custos necesarios para a realización do producto final e rendibilidade e óptimo aproveitamento dos medios.

-Testemuño gráfico das diversas etapas do traballo cos debuxos e bosquexos realizados, así como, de se-lo caso, propostas de catálogo, montaxe e organización dunha exposición dos proxectos.

* Realización: realización da obra á que se refire o proxecto ou da maqueta a escala, en función da entidade do proxecto e das especificacións do tribunal.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Admisión do alumnado:

4.1.1. Acceso con requisitos académicos:

Para acceder ó ciclo formativo de grao superior ó que se refire este decreto, será preciso estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado os estudios equivalentes a aquel título, segundo o establecido nos anexos I e II do Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación do novo sistema educativo, modificado polo Real decreto 173/1998, do 16 de febreiro, e superar unha proba de acceso específica.

4.1.2. Exencións da proba de acceso específica:

Estarán exentos de realiza-la proba de acceso prevista no artigo 6º deste decreto:

* Aqueles aspirantes que cursasen, no bacharelato de artes as materias de fundamentos de deseño, debuxo artístico I e técnicas de expresión gráfico-plástica.

* Aqueles aspirantes que tivesen superados os estudios experimentais de bacharelato artístico definido na Orde do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).

* Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título de graduado en artes aplicadas en especialidades do ámbito das artes aplicadas á indumentaria.

* Aqueles aspirantes que estiveran en posesión do título de técnico superior correspondente a outro ciclo formativo da mesma familia profesional.

4.1.3. Acceso sen requisitos académicos:

Malia o disposto nos puntos anteriores, será posible acceder ó ciclo formativo establecido neste decreto sen estar en posesión do título de bacharelato, sempre que o aspirante teña cumpridos os vinte anos de idade e supere unha proba en que demostre tanto madureza intelectual, acreditada a través do dominio das capacidades lingüísticas, de razoamento e de coñecementos fundamentais da etapa educativa anterior relacionados coa ensinanza á que aspira, como as habilidades específicas necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

A dita proba será regulada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4.2. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres:

A fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres poderá consistir tanto na realización de prácticas en entidades de titularidade pública ou privada como en traballos profesionais academicamente dirixidos e integrados no currículo, así como aqueles efectuados no marco de programas de intercambio nacional ou internacional.

A fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres realizarase unha vez superada a totalidade dos módulos. Excepcionalmente o equipo docente do ciclo poderá autoriza-la súa realización simultánea coas actividades de recuperación a aqueles alumnos e alumnas que teñan un máximo de dous módulos sen superar, sempre que quede garantido que non se produce mingua na capacidade das tarefas de recuperación.

A avaliación faraa o profesor titor ou a profesora titora do centro educativo e nela colaborará o responsable de formación do alumnado designado polo centro de traballo no período de estancia nel. A cualificación final estará expresada en termos de apto ou non apto. Será realizada polo titor do ciclo.

4.3. Proxecto final:

4.3.1. Fases de entrega e avaliación:

* Anteproxecto. Unha vez aprobados os módulos e a fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, o alumno presentará un proxecto da súa especialidade, dirixido por un profesor titor, ante un tribunal avaliador. O anteproxecto deberá reflectir a grandes trazos o contido do proxecto que se vaia realizar.

* Aceptación. Para a aceptación do anteproxecto o tribunal avaliador terá en conta os seguintes aspectos:

-O seu interese global, tendo en conta a proposta estética, a orixinalidade da formulación e a súa adecuación á demanda real do producto de que se trate.

-A posibilidade de realización efectiva do proxecto, nos prazos establecidos e tendo en conta os medios e as instalacións con que se conta.

No suposto de non aceptación, o tribunal ofertará unha proposta alternativa ó alumno.

* Inscrición. Formalizarase unha vez aceptado o anteproxecto.

* Elaboración e prazo de execución. O proceso de realización do proxecto desenvolverase dentro do último trimestre do curso en que se superasen os módulos do ciclo formativo.

* Avaliación. O proxecto avaliarase globalmente. Cualificarase entre 0 e 10 puntos. Para a avaliación positiva requírese unha cualificación igual ou superior a cinco.

O número máximo de convocatorias para a superación do proxecto final é de dúas. No suposto de que se dea algunha circunstancia que impedise o normal desenvolvemento do proxecto, a dirección do centro, con carácter excepcional, poderá autorizar unha convocatoria extraordinaria.

Os tribunais considerarán na avaliación dos proxectos a súa capacidade ou interese pedagóxico para servir como pauta ou referencia ós demais alumnos e alumnas. Para tal efecto, incluirán no seu calendario de actividades a organización de exposicións de proxectos finais.

4.3.2. Titoría e tribunal avaliador:

A titoría do proxecto final correrá a cargo do titor do ciclo formativo ou dun membro do equipo docente. Neste último caso actuará como relator o titor.

A aceptación da proposta do proxecto final e a súa avaliación, así como a determinación específica dos prazos, procesos e pautas para a realización, entrega e avaliación dos proxectos corresponderá a un tribunal integrado por:

Presidente: o director do centro ou o profesor en quen delegue.

Secretario: o secretario do centro, que actuará con voz pero sen voto, levantará acta das sesións e encargarase de facilitar e coordina-la utilización dos medios que, se é o caso, o centro poña ó dispor dos alumnos para a realización dos proxectos, no período establecido para a súa execución.

Vocais: polo menos tres, nomeados polo director, dos que dous membros serán profesores do ciclo. O director poderá designar ademais un profesor de recoñecido prestixio no campo correspondente ó ciclo formativo, alleo ó centro educativo.

4.4. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de modelismo de indumentaria:

Os funcionarios do corpo de profesores de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño impartirán con carácter preferente os módulos deste ciclo de conformidade coa atribución de módulos a especialidades que figura na columna (A) deste anexo.

Non obstante, co fin de lograr un óptimo aproveitamento dos recursos dispoñibles no centro, na súa organización, os devanditos módulos poderán ser impartidos por funcionarios e funcionarias doutras especialidades de conformidade co que figura na columna (B), sen que iso derive efectos na adscrición de especialidade.

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

1Historia da indumentariaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Cultura xeral cerámica.
-Historia da arte.
-Historia da arte e da cerámica.

2Debuxo do natural e a súa aplicación á indumentariaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidades:
-Debuxo artístico.-Deseño de figurinos.
-Colorido e procedementos pictóricos.-Corte e confección.
-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa.
-Decoración sobre pastas cerámicas.
-Análise de forma e cor.
-Procedementos pictóricos.
-Técnicas de colorido aplicado á cerámica.
-Debuxo publicitario.
-Composición ornamental e proxectos.
-Composición ornamental.
-Estilización artística e colorido.
-Decoración elemental cerámica.

3Modelismo Corpo: mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Corte e confección.
-Deseño de figurinos.
-Figurinos.
-Patronaxe, escalado e técnicas de confección.

4Formación e orientación laboralCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Dereito usual.
-Organización industrial.

5MercadotecniaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Dereito usual.
-Organización industrial.

6CorCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Debuxo artístico.
-Colorido e procedementos pictóricos.
-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa.
-Decoración sobre pastas cerámicas.
-Análise de forma e cor.
-Procedementos pictóricos.

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

-Técnicas de colorido aplicado á cerámica.
-Debuxo publicitario.
-Composición ornamental e proxectos.
-Composición ornamental.
-Estilización artística e colorido.
-Decoración elemental cerámica.

7Tecnoloxía téxtilCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidade:Especialidades:
-Tecnoloxía química e téxtil.-Matemáticas.
-Coñecemento de materiais.

8Debuxo técnicoCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidade:
-Debuxo lineal.

9Deseño asistido por ordenadorCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidade:
-Deseño asistido por ordenador.

10Modelismo: modaCorpo: mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Corte e confección.
-Deseño de figurinos.
-Figurinos.
-Patronaxe, escalado e técnicas de confección.

4.5. Espacios e instalacións:

As condicións de espacio e instalacións que deben reuni-los centros educativos son as que fixa o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas.

Para os efectos do disposto no artigo 40.1º, alíneas k), l), m), do real decreto anteriormente citado, os módulos do presente ciclo formativo clasifícanse nos seguintes puntos:

* Teóricos:

-Historia da indumentaria.

-Tecnoloxía téxtil.

-Mercadotecnia.

-Formación e orientación laboral.

* Teórico-prácticos:

-Debuxo do natural e a súa aplicación á indumentaria.

-Cor.

-Debuxo técnico.

-Modelismo.

-Modelismo: moda.

* Talleres específicos:

-Deseño asistido por ordenador.

Espacio formativoSuperficieGrao de utilización

Aula teórica45 m30%

Aula teórico-práctico80 m60%

Aula de informática30 m 5%

4.6. Relación numérica profesor/alumno:

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica profesor/alumno non superior a 1/15 nos seguintes módulos: modelismo, modelismo: moda, e deseño asistido por ordenador. Ó resto dos módulos aplicaráselle a ratio máxima 1/30.

En función da dispoñibilidade de cada centro e sempre que sexa posible, tenderase a aplica-la relación 1/15 nos módulos impartidos nas aulas teórico-prácticas.

4.7. Correspondencias:

Poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral os seguintes módulos:

* Mercadotecnia.

* Modelismo.

* Deseño asistido por ordenador.

* Formación e orientación laboral.

Así mesmo, poderá quedar totalmente ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionado con este ciclo formativo.

4.8. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

130Debuxo técnico

100Modelismo

350Debuxo do natural e a súa aplicación á indumentaria

125Cor

190Deseño asistido por ordenador

65Horas de libre disposición

960Total

4º, 5º e 6º trimestre

65Mercadotecnia

225Modelismo: moda

175Tecnoloxía téxtil

160Historia da indumentaria

65Formación e orientación laboral

690Total

120Proxecto final

105Formación práctica en empresas, estudios ou talleres

225Total

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA