Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Federación Empresarial Gallega de Talleres de Reparación de Vehículos (Fegat).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 21 de decembro de 2001, certificación expedida pola secretaria xeral en funcións da devandita federación, Carmen Mansilla Vázquez, avalada co visto e prace do presidente, Luis Abelleira Mayor, na que se reflicten os acordos acadados polo comité executivo, o día 16 de novembro de 2001, entre eles o que fai referencia ó traslado do domicilio social da federación á estrada de Vegadeo nº 56, A Campiña (Lugo).

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral Relacións Laborais