Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Confrarías de Pescadores da Ría de Vigo.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Confrarías de Pescadores da Ría de Vigo, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: Ría de Vigo (Moaña, Cangas, Arcade, Redondela e Baiona).

Profesional: tódalas confrarías de pescadores que o soliciten e que se dediquen á actividade extractiva e de comercialización na primeira fase dos mariscos.

Asinan a acta de constitución: Manuel Rúa del Río e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 15 de xaneiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra