En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó abeiro do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícase ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado por nº de expediente e conta), que a continuación se relacionan, as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan, indicándolles que, concedida a preceptiva autorización xudicial de entrada no domicilio, se procederá ó lanzamento da vivenda por funcionario nomeado para o efecto e con auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.
Advírtese ós interesados que, conforme o establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda, con recargo do 10%, así como as cotas da comunidade que tivesen pendentes, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.
A resolución firme do contrato significará á prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro
da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción. E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 10 de xaneiro de 2002.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Mª Luisa García González e herdeiros.
Expediente C-2-CD/68 (desafiuzamento F.P. 16/2001).
Conta 1230.
Avda. de Castelao, bloque 17, P-5, 6º esq., polígono de Caranza (Ferrol).
Importe débeda: 84.083 ptas.
Elvira Leiros García e herdeiros.
Expediente C-2-CD/68 (desafiuzamento 21/2001).
Conta 1368.
R/ Armada Española, bloque 18, P-6, 7º esq. polígono de Caranza (Ferrol).
Importe débeda: 181.628 ptas.
Carmen Gregorio Sánchez e herdeiros.
Expediente C-2-CD/68 (desafiuzamento F.P. 55/2001).
Conta 1825.
Avda. Padre Feijoo, bloque 27, P-4, 4º esq. polígono de Caranza (Ferrol).
Importe débeda: 214.520 ptas.
Alejandro Escudero García e herdeiros.
Expediente. C-3-IV/75 (desafiuzamento F.P. 87/2001).
Conta 82.
Calle Carlos Maside nº 22, bloque 11, 1º esq. (Santiago de Compostela).
Importe débeda: 2.089.471 ptas.
Claudio Vilariño Casal e herdeiros.
Expediente C-136-CD/63 (desafiuzamento F.P. 92/2001).
Conta 569.
R/ Lirios, bloque 20, P-3, 4º esq. Barrio das Flores (A Coruña).
Importe débeda: 162.786 ptas.