Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 10 de xaneiro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que, intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se notifican resolucións, do delegado provincial de contratos por falta de pagamento das vivendas (con solicitude de regularización), ós debedores que se relacionan (expediente C-85/100, conta 3 e un máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó abeiro do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícase ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan.

A resolución firme do contrato significará a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 10 de xaneiro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Ángel Iglesias Abad e herdeiros.

Expediente. C 85/100 (desafiuzamento F.P. 84/2001).

Conta 3.

Ronda de Nelle nº 12-2º A (A Coruña).

Importe débeda: 2.071.950 pesetas.

Emilio Martínez Rodríguez e herdeiros.

Expediente. C-3-CD/70 (desafiuzamento F.P. 93/2001).

Conta 62.

Polígono Elviña II Fase, bloque 1, P-4, baixo (A Coruña).

Importe débeda: 155.751 pesetas.