Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.656

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 38/2002, do 1 de febreiro, polo que se fixa o prezo de venda do papel numerado especial da Comunidade Autónoma de Galicia para uso das corporacións locais.

De acordo co establecido no artigo 199 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, e no Decreto 101/1983, do 14 de xullo, sobre libros de actas de acordos e resolucións das corporacións locais, e co obxecto de facilita-la transcrición mecanizada das actas das sesións dos órganos colexiados e resolucións dos presidentes das ditas corporacións dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, publicouse o Decreto 418/2001, do 29 de novembro, polo que se regula o papel numerado especial da Comunidade Autónoma de Galicia para uso das corporacións locais.

Como complemento do Decreto 418/2001, do 29 de novembro, e a través deste decreto, preténdese

fixa-lo prezo de venda do papel numerado especial da Comunidade Autónoma de Galicia para uso das corporacións locais.

Por todo isto, para o correcto desenvolvemento e execución das previsións destas normas, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día un de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Fíxase o prezo de cada folla do papel numerado especial da Comunidade Autónoma de Galicia para uso das corporacións locais, sinalado no artigo 2º do Decreto 418/2001, do 29 de novembro, en 0,06 euros a unidade, IVE incluído.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, un de febreiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais