Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obras.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación da obra que a seguir se relaciona:

Centro de formación ocupacional na parcela nº 6 do polígono industrial Espíritu Santo-Cambre: orzamento 651.942,25 euros, IVE incluído.

O anuncio de licitación publicouse no BOP da Coruña nº 25 do 30 de xaneiro do ano que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no departamento de contratación, no primeiro andar da casa do concello, e na copistería Sucopia (Ronda de Nella 137-A Coruña), e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días, de conformidade co establecido no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 30 de xaneiro de 2002.

Augusto Rey Moreno

Alcalde en funcións