Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 23 de xaneiro de 2001, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da UA 48, promovido por Domingo Máximo Mosquera Calvete, en representación dos propietarios da UA 48, segundo proxecto redactado polos arquitectos Ramón P. Quiroga Álvarez e X. Alfonso Quiroga Berdeal.

Recursos.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa poderá vostede interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, deberá facelo perante o órgano municipal do que dimana o presente acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminis

tracións públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderá vostede interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da recepción da notificación do acordo impugnado, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a interposición sen que fose notificado, poderá vostede interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a interposición), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 29 de xaneiro de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde