Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación da subestación A Mourela a 132/20 kV, posición 132 kV Portvigo e acoplamento 132 kV nas Pontes de García Rodríguez. (Expediente 30247).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo para efectos de notificación na avda. de Arteixo, 171, A Coruña, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O día 5 de marzo de 2001 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. solicita a autorización administrativa da ampliación subestación A Mourela 132/20 kV posición 132 kV Portvigo e acoplamento 132 kV nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e a aprobación do seu proxecto de execución.

Acompañan á dita solicitude o preceptivo proxecto a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e a Lei 54/1997, do 28 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da ampliación e modificación da instalación son as seguintes:

-Pórtico de estructura metálica galvanizada.

-Un interruptor automático tripolar en SF6 para 2.500 A.

-Dous seccionadores xiratorios tripolares para barras de 2.000 A.

-Un seccionador xiratorio tripolar para 2.000 A, con coitelas de posta a terra.

-Tres transformadores de tensión e tres de intensidade.

-Tres pararraios autoválvulas.

Segundo.-O citado proxecto someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 24 de maio de 2001, publicándose no DOG do 13 de xuño e no BOP da Coruña do 19 de xuño.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, e o Decreto 310/2001, do 17 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966.

RESOLVE:

1. Autoriza-la ampliación subestación A Mourela 132/20 kV posición 132 kV Portvigo e acoplamento 132 kV nas Pontes de García Rodríguez, A Coruña.

2. Aproba-lo proxecto de execución da citada instalación.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas