Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.583

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2002, da División de Recursos Humanos, polo que se procede a dar publicidade ás listas definitivas derivadas da nova baremación do epígrafe de formación continuada na categoría de médicos de familia para selección temporal nas II.SS. do Sergas (resolución da División de Recursos Humanos do Sergas do 17 de novembro de 2001, Diario Oficial de Galicia número 229, do 27 de novembro).

Resoltas as reclamacións presentadas contras as listas provisionais publicadas por resolución da División de Recursos Humanos do 3 de decembro de 2001, procédese á publicación das listas definitivas derivadas da nova baremación do epígrafe de formación continuada na categoría de médicos de familia, efectuada en cumprimento da medida cautelar adoptada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

As anteditas listas definitivas publicaranse de xeito simultáneo nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e dos centros asistenciais dependentes delas o día da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde