Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.583

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2002 pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participanes admitidos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Xunta de Galicia, reservados ó persoal funcionario pertencente á escala específica á que se refire a disposición transitoria quinta da Lei 4/1988, do 26 de maio, convocado pola Orde do 20 de xullo de 2001.

Convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Xunta de Galicia, reservados ó persoal funcionario pertencente á escala específica á que se refire a disposición transitoria quinta da Lei 4/1988, do 26 de maio, pola Orde do 20 de xullo de 2001 (DOG nº 157, do 14 de agosto), e á vista da proposta realizada pola comisión encargada de valora-los méritos alegados polos concursantes, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións atópanse expostas nas seguintes dependencias:

-Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Delegacións territoriais e comarcais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-Os interesados poderán formular reclamación en relación coas puntuacións provisionais no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións que, de se-lo caso, se formulen, deberán ser realizadas mediante escrito dirixido á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, e serán presentadas no rexistro xeral da dita consellería, nas súas delegacións territoriais e comarcais ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos