Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.556

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 7 de xaneiro de 2002, da Dependencia Rexional de Recadación da Coruña, de notificación por comparecencia.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítase o interesado que figura neste anuncio para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar persoalmente ou mediante representante as notificacións que se indican, na delegación especial da AEAT de Galicia, sita na r/ Comandante Fontanes, 10, 5ª planta, da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2002.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación

InteresadoNIFProcedementoÓrgano de tramitaciónLugar de comparecencia

López Camba, Avelino33133333-NAdministrativo de constrinximento (recadatorio-notif. constrinximento)Dependencia Rexional de RecadaciónDependencia Rexional de Recadación Delegación Especial da AEAT en Galicia r/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña)

Badaf, S.L.B-36743102Administrativo de constrinximento (recadatorio-notif. comp. e emb. b. inm.)Dependencia Rexional de RecadaciónDependencia Rexional de Recadación Delegación Especial da AEAT en Galicia r/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña)