Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2002 referente á convocatoria de oposición libre para prover un posto de garda da policía local.

Por decreto da Alcaldía deste concello, con data do 27-12-2001, aprobouse o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión, con carácter definitivo, do seguinte posto de traballo vacante (oferta de emprego para 2001):

Persoal funcionario.

Posto: un da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais. Clase: garda da policía local.

Publicación íntegra bases e convocatoria: BOP de Ourense nº 15, do 18 de xaneiro de 2002.

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sistema de selección: oposición libre.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 24 de xaneiro de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde