Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 07 de febreiro de 2002 Páx. 1.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico de Goia-Peñote. (Expediente 036-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido na disposición transitoria primeira da devandita lei, en relación coa disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, o artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación segundo o establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia,

sométense a

información pública, por solicitude da empresa Gamesa Energía, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública é aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico Goia-Peñote.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Gamesa Energía, S.A., avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

Situación: concellos de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.604.000,00; 4.811.500,00),V (0.606.000,00; 4.811.000,00)

V (0.605.000,00; 4.810.500,00),V (0.605.000,00; 4.810.000,00)

V (0.605.500,00; 4.810.500,00),V (0.606.500,00; 4.810.000,00)

V (0.606.500,00; 4.811.000,00),V (0.607.491,79; 4.811.000,00)

V (0.608.350,00; 4.808.500,00),V (0.609.205,60; 4.808.205,60)

V (0.608.000,00; 4.807.000,00),V (0.607.000,00; 4.808.000,00)

V (0.606.000,00; 4.807.500,00),V (0.605.000,00; 4.809.000,00)

V (0.605.000,00; 4.809.500,00),V (0.604.000,00; 4.809.500,00)

V (0.602.500,00; 4.810.000,00)

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 48.

-Potencia nominal unitaria: 850 kW.

-Potencia total instalada: 40,8 MW.

-Tipo de aeroxerador: G-58.

-Producción neta anual estimada: 107.733 MWh/ano.

-Orzamento total: 33.880.786,77 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-48 aeroxeradores tipo G-58 de 850 kW de potencia nominal unitaria.

-48 centros de transformación de 900 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior de torre de aeroxerador cos seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV, para evacuación de enerxía producida no parque eólico Goia-Peñote, composta por un transformador principal 20/132 kV de 45/55 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 50 kVA de potencia nominal

cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a predios particulares:

Zapatas e plataforma. Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

Voo. Servidume de voo. A devandita afección supón 2.642,07 m/aeroxerador.

Viais. Servidume de paso das vías polas que circularán os transportes durante a construcción do parque así como durante a etapa de mantemento deste. O largo que ocuparán as vías incluídos os foxos é de 6,6 metros.

Gabias. Servidume de paso da liña subterránea de 20 kV. O largo da devandita gabia é de 1,5 metros.

P.E. Superficie de protección eólica. Terreo protexido desde o punto de vista eólico para permiti-la libre circulación do vento nas proximidades do aeroxerador. Poderán realizarse actividades agrícolas e gandeiras pero non actividades forestais ou calquera actividade que impedise o libre tránsito do aire por estas zonas.

O.T. Ocupación temporal dos terreos durante o prazo que duren as obras.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas a el, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla, 70 (27071, Lugo), no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Goia-Peñote poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e concellos de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo), podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas remitiránselle á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, tentada a notificación non se puidese realizar.

Lugo, 23 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo