Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 07 de febreiro de 2002 Páx. 1.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2002 pola que se dá publicidade á resolución de adxudicación dun contrato de consultoría. (Expediente 9/2001 DXPI).

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Número de expediente: 9/2001 DXPI.

Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: establece-las condicións que regularán a selección e contratación da consultoría e asistencia técnica necesarias para a definición, deseño, realización, seguimento e avaliación dunha estratexia de comunicación audiovisual sobre a artesanía de Galicia, para os efectos de promove-la

marca Artesanía de Galicia entre o público obxectivo da Comunidade Autónoma.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 6 de novembro de 2001.

Data de publicación da corrección de erros no DOG: 9 de novembro de 2001.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: 35.000.000 de pesetas (210.354,24 euros), IVE incluído.

Adxudicación.

Data: 30 de novembro de 2001.

Adxudicatario: Imaxe Intermedia, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: trinta e catro millóns novecentas dezaseis mil catrocentas sesenta e catro pesetas (34.916.464), IVE incluído (209.852,18 euros).

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio